#OTC_DEPO
OFICINA DE TRANSFORMACIÓN COMUNITARIA
+Renovables
Proxecto acollido ao programa de axudas a oficinas de transformación comunitaria (Programa “CE Oficinas”) do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU
DATOS ECONÓMICOS
- Custo total: 746.978,80 €
- Custo subvencionable: 660.400 € (custo total menos o IVE)
- Axuda concedida: 495.762,28 €
- Duración: 09/10/2023-30/09/2025 a modo piloto
OBXECTIVO PRINCIPAL
A Deputación de Pontevedra vai promover o desenvolvemento dunha Oficina de Transformación Comunitaria (OTC_DePo) da provincia de Pontevedra coa finalidade de fomentar e impulsar a creación e o desenvolvemento de comunidades enerxéticas en toda as comarcas da provincia, alcanzando tanto núcleos urbanos e rurais como industriais.
A prioridade principal da OTC_Depo é o fomento das comunidades enerxéticas no medio rural, especialmente en os concellos do reto demográfico.
Este proxecto está financiado mediante a Orde TED/1021/2022, de 25 de outubro, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de axudas a oficinas de transformacióncomunitaria para a promoción e dinamización de comunidades enerxéticas (Programa “CE Oficinas”), no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.
ÁMBITO DE ACTUACION
O ámbito de actuación da OTC_Depo serán todos os concellos da provincia de Pontevedra con poboación inferior a 50.000 habitantes (59 concellos). Con este criterio só as cidades de Pontevedra e Vigo quedan excluídas do ámbito de acción da OTC.
EMPRAZAMENTO
Proponse unha sede física dentro dun viveiro de empresas da Deputación de Pontevedra, situado no concello de Barro.
Prevese que esta tamén sexa itinerante; estará montada sobre un vehículo espazoso que conterá toda a ferramenta e equipos necesarios, tanto para a difusión como para o acompañamento.
ACTIVIDADES
O plan de traballo da OTC_DePo céntrase en tres puntos crave: difusión, asesoramento e acompañamento na creación de comunidades enerxéticas.
DIFUSIÓN
- Difusión directa: realizada de forma itinerante polos 59 concellos:
- Céntrase en impartir charlas en cada un dos 59 municipios obxectivo onde se dean a coñecer os servizos da OTC de Pontevedra e a figura das comunidades enerxéticas (destinadas a persoas físicas, pequenas e medianas empresas diseminadas ou asentadas nun polígono industrial, Administración local, comunidades de montes, GAC, GDR e asociacións culturais e deportivas, entre outras).
- Dos xornadas anuais (2024 e 2025): para difundir a existencia da propia OTC.
- Darase información sobre os seus obxectivos, o seu labor e expoñeranse casos de éxito, problemáticas, oportunidades, etc., amais de promover un networking que permita establecer unha rede de contactos entre comunidades enerxéticas constituídas e en funcionamento, consultoras e enxeñerías, empresas distribuidoras de electricidade, empresas de bens de equipo, concellos, administración autonómica e IDAE, para así que todos os actores con cabida nunha comunidade enerxética se coñezan e axuden á promoción destas na provincia de Pontevedra.
- 1.ª Xornada sobre Comunidades Enerxéticas (29/05/2024)
- Darase información sobre os seus obxectivos, o seu labor e expoñeranse casos de éxito, problemáticas, oportunidades, etc., amais de promover un networking que permita establecer unha rede de contactos entre comunidades enerxéticas constituídas e en funcionamento, consultoras e enxeñerías, empresas distribuidoras de electricidade, empresas de bens de equipo, concellos, administración autonómica e IDAE, para así que todos os actores con cabida nunha comunidade enerxética se coñezan e axuden á promoción destas na provincia de Pontevedra.
- Congreso provincial de comunidades enerxéticas: evento no que se poñerá en común a experiencia obtida polas comunidades enerxéticas creadas e analizásense desenvolvementos futuros para estas ao final da operativa da OTC (2025).
ACOMPAÑAMENTO
Derivada das charlas de difusión realizarase unha toma de datos de persoas e entidades interesadas en crear unha comunidade enerxética. Unha vez formalizada esta solicitude realizarase a seguinte metodoloxía de traballo:
- Formalización da solicitude de acompañamento ou asesoramento a través de formulario predefinido
- Identificación do grupo ou persoa promotora
- Análise social da contorna do grupo ou persoa promotora
- Deseño de estratexia de comunicación de cara ao público obxectivo da comunidade enerxética
- Establecemento de protocolos de actuación en caso de conflito
- Identificación de colectivos vulnerables dentro do público obxectivo
- Identificación de empresas locais con interese de participación na comunidade enerxética
- Identificación das necesidades de asesoramento técnico e legal
- Axuda e acompañamento nas primeiras reunións entre os futuros participantes na comunidade enerxética
ASESORAMENTO TÉCNICO, LEGAL E ECONÓMICO
Este tipo de asesoramento é o servizo principal da OTC despois da publicidade da primeira fase de difusión.
Das solicitudes de acompañamento despréndese unha necesidade de asesoramento en materia técnica, legal e económica.
- Asesoramento legal
- Na fase de constitución das comunidades enerxéticas:
- Identificación da mellor forma xurídica para a comunidade enerxética.
- Asesoramento na redacción de estatutos e normas de participación.
- Na fase de desenvolvemento de proxecto:
- Asesoramento legal prestará servizo sobre a cesión de cubertas dos entes públicos ás comunidades enerxéticas.
- Asesoramento en cuestións relativas á cualificación urbanística de terreos e o seu aproveitamento enerxético, restricións patrimoniais en centros históricos ou edificacións protexidas como bens de interese cultural e patrimonial.
- Na fase de explotación:
- A asesoría enerxética revisará, entre outros, os contratos de execución de obras e os que vinculen á comunidade enerxética coas empresas comercializadoras e distribuidoras de electricidade.
- Na fase de constitución das comunidades enerxéticas:
- Asesoramento técnico
Unha vez se identifique a oportunidade de implantar unha comunidade enerxética, é necesario deseñar un proxecto de xeración, ben térmico ou eléctrico, que lle dea cobertura aos seus participantes.
- Asesoramento e seguimento dos proxectos que a comunidade enerxética contrate a enxeñerías e instaladoras.
- Asesoramento económico
- Información actualizada, dentro da OTC, sobre as condicións de subscrición de créditos bancarios e fórmulas de financiamento alternativas coma os avais mancomunados, axudas e subvencións públicas.
- Contacto con empresas de servizos enerxéticos para ofrecer o modelo ESE en aqueles casos en que non se poida acudir a outro tipo de financiamento e xestión.
REDE DE COMUNIDADES ENERXÉTICAS DE PONTEVEDRA
Con esta iniciativa, dentro do plan de traballo da OTC preténdese calcular o impacto que a creación de comunidades enerxéticas ten sobre a soberanía enerxética e redución da pegada de carbono.
Esta rede tamén terá como obxectivo crear unha base de datos de casos de éxito de comunidades enerxéticas, no que se recollan os datos básicos de número e tipoloxía dos participantes, tipoloxía e potencias instaladas e aforros medidos.
OBSERVATORIO PROVINCIAL DAS COMUNIDADES ENERXÉTICAS
Cada comunidade enerxética posta en marcha desde a OTC de Pontevedra reportará os datos dos proxectos que vaia instalando para que esta teña coñecemento de potencias instaladas, enerxía anual xerada, entre outra información.
Con estes datos elaborarase un inventario que permita calcular o aforro enerxético xerado polas comunidades enerxéticas de Pontevedra, así como a redución da dependencia enerxética do exterior da provincia e o descenso nas emisións de gases de efecto invernadoiro.
FORMACIÓN
Esta formación de especialización, dirixida á adquisición de determinadas competencias, habilidades ou aptitudes de índole profesional na xestión de sociedades de economía social, está inicialmente orientada a todo aquel persoal das entidades locais e comunidades enerxéticas a que se creen, para que sexan capaces de xestionar e levar a bo porto os seus proxectos de produción e consumo de enerxía.
As actividades de formación desenvolveranse en función das necesidades dos diferentes perfís do público obxectivo da mesma:
- Persoal propio da OTC
- Xestores da CE existentes
- Técnicos de entidades locais
- Cidadanía e tecido asociativo vinculado á creación dunha CE
ESTUDOS E INFORMES
Unha das tarefas máis importantes da OTC_Depo é a realización de estudos e informes previos e iniciais de face á implantación de comunidades enerxéticas. Referímonos ao seguinte:
- Estudos enerxéticos: análise de capacidade produtiva dunha comunidade enerxética en función da tecnoloxía máis adecuada a cada caso en concreto, para obter datos de produción enerxética e aforros, entre outros.
- Estudos económico-financeiros: realización de cálculos económicos para o estudo da viabilidade financeira de cada proxecto concreto, establecendo en cada caso prazos de amortización, influencia de axudas e subvencións ou modelos de financiamento, entre outros.
- Informes legais e xurídicos: apoio para a redacción de estatutos para as comunidades enerxéticas, asesoramento legal, contratos, convenios, entre outros.
DATOS DE CONTACTO:
Viveiro de Barro, Polígono industrial de Barro, parcelas A4.5
Lugar de Outeda-Curro, 36692 - Barro, Pontevedra
Teléfono: 886 210 840
Correo electrónico: otc@depo.es
HORARIO DE ATENCIÓN
08:30 a 14:30 h
Ligazóns de interese