Máis dun cento de empresas de Alacante e Barcelona asistiron á reunións de traballo que a Deputación organizou en ambas as dúas cidades para promover a provincia

Todas elas puideron coñecer a oferta de máis de 25 empresas e entidades da provincia nos encontros que tiveron lugar no Hotel Spa Porta Maris de Alacante e no Esklandestino da Cidade Condal

21/10/2023

WORKSHOPS TURISMO ALACANTE E BARCELONA

Máis dun cento de empresas de Alacante e Barcelona asistiron  ás reunións de traballo  que a Deputación de Pontevedra organizou en ambas as dúas cidades para promover os atractivos turísticos da provincia. Todas elas puideron coñecer a oferta de máis de 25 empresas e entidades da provincia en encontros de traballo que tiveron lugar no Hotel Spa Porta Maris de Alacante e no Esklandestino da Cidade Condal, onde a deputada provincial de Turismo, Nava Castro, presentou as alternativas para gozar da provincia de Pontevedra ao longo dos 365 días do ano. O turismo familiar e vacacional nas Rías Baixas foi a principal demanda en Alacante, mentres que en Barcelona o interese centrouse en congresos, eventos  e no turismo científico.

De Alacante e Barcelona, e tamén de Elche, Benidorm, Guardamar, Campello, Villalonga, Orihuela, Badalona, Castelldefels, Cabrils, Terrasa ou Canet de Mar procedían as máis dun cento de empresas interesadas no destino da provincia de Pontevedra. Todas elas mantiveron encontros de traballo con empresas da provincia de Pontevedra, entre as que se atopaban axencias de viaxe coma Galiwonders, Viajes Celtravel, Circuitos Galicia Viajes, Viajes Interrías, Vio Viajes, Tee Travel e Simply Galicia; hoteis coma Villa Covelo, Zenit Vigo, Talaso Atlántico, Hotel Alfonso I, Alda Hotels, Pazo Los Escudos, Veiga Mariña Hotel rural, Gran Talaso Hotel Sanxenxo, Hotel Bahía de Vigo ou Hotel Attica 21 Vigo; outros aloxamentos coma Galicia Villas e a Casa do Sear; e unha oferta complementaria representada por Bodegas Vionta, Paco&Lola, Bodegas Terras Gauda, Piragüilla Ocio y Aventura, Ocean Secrets, o castelo de Soutomaior, o de Sobroso e o Museo de Pontevedra.

Entre as empresas da provincia de Alacante detectouse un elevado interese no turismo vacacional e familiar e nas ofertas que as Rías Baixas lle proporcionan a este tipo de público, e demandaban información para realizar rutas na provincia, así como sobrecultura, experiencias e servizos complementarios. Pola súa banda, as empresas catalás amosaron o seu interese  na oferta da provincia de Pontevedra para acoller eventos e congresos científicos, da que o Castelo de Soutomaior foi unha das grandes sorpresas para o público barcelonés. Tanto en Alacante coma en Barcelona as empresas amosaron o seu interese na enoloxía e solicitaban ampliar información relativa ao castelo de Soutomaior.

Galerias de imaxes

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 5 resultados.