A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, asiste á acción “As voces da conciencia” incluída no programa provincial “Mulleres en acción. Violencia zero”

16/08/2023

A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, asistiu á nova acción do programa da Deputación de Pontevedra “Violencia Zero” que protagonizaron as artistas Margarida Mariño e Laura Iturralde na contorna do Mosteiro de Poio.

Mariño e Iturralde ofreceron a peza ‘As voces da conciencia’ que, a través da música, escenas sonoras, videocreación e iluminación, convidou á reflexión da sociedade ante a violencia de xénero. A deputada Sandra Bastos amosou o compromiso da Deputación na consecución da igualdade como “reclamación irrenunciable” e instou a “unir as nosas voces” e traballar de xeito colectivo para acadala, “porque así seremos capaces de construír un mundo mellor para as mulleres e tamén para os homes”.

Galerias de imaxes

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 5 resultados.