A Deputación de Pontevedra transfire ao concello de Vilanova de Arousa un ramal da estrada provincial EP-9002 despois de dotalo de senda peonil

04/11/2022

Vilanova

O ramal do treito final da estrada provincial EP-9002 Fefiñáns-Oubiña, en Pontearnelas, que a Deputación vén de acondicionar, será transferido ao Concello de Vilanova de Arousa. A mellora deste ramal, valorada en preto de 25.000 euros, foi comprobada polo deputado de Infraestruturas, Gregorio Agís. Unha vez rematadas as obras deste tramo, de 86 metros, que non cubre necesidades de tráfico máis que dar acceso a tres vivendas, pasará a converterse nunha vía municipal en cumprimento das compensacións entre Administracións pactadas no marco do convenio para a execución da senda peonil das Sinas na estrada EP-9702.

Os traballos consistiron na execución dunha senda peonil de anchura variable no marxe dereito deste ramal, de 70 metros de lonxitude, segregada do tránsito de vehículo mediante separadores de carril. Tamén deste lado mellorouse a drenaxe transversal mediante a execución de cunetas de seguridade de formigón reforzadas con mallazo. Os traballos concluíron co asfaltado do ramal e a reposición da sinalización horizontal e vertical.

A Deputación está executando importantes investimentos na EP-9002 que une Cambados con Vilanova de Arousa e así xa executou outra actuación, valorada en 61.751 euros para a mellora da drenaxe e colocación de cunetas remontables. Xa está en licitación outra obra de 218.123 euros para a mellora da seguridade viaria nas estradas provinciais EP-9001, EP-9002 e EP-9004 ao longo de 1.240 metros de lonxitude e tamén dentro do concello de Cambados para mellorar a pavimentación e dotalas de cunetas transitables.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 5 resultados.