Un paso máis na visibilización do deporte feminino

13/07/2022

Recepción deportistas

O deputado de deportes, Gorka Gómez recibiu ás campioas de Europa de fútbol sala, Silvia Aguete (porteira no Marín Futsal) e Lucía Gómez (xogadora no Poio Pescamar) no Pazo provincial. As dúas deportistas galegas veñen de gañar coa Selección española a súa segunda Eurocopa Feminina de Fútbol Sala en Portugal contra a anfitrioa, un título que revalidaron ante o mesmo rival do 2019. Gorka Gómez salientou que “é un éxito moi importante” e transmitiu o apoio da Deputación á hora visibilizar estes triunfos. Tamén remarcou a importancia de que “desde as institucións tense que facer todo o posible para visibilizar estes éxitos e, sobre todo, para reclamar e pedir a outras administracións e patrocinadores que apoien o deporte feminino. Aínda estamos lonxe de acadar esa igualdade real entre o deporte feminino e o masculino”. Tamén, destacou o traballo do Poio Pescamar e o Marín Fustsal por ser dous clubes que “representan moi ben a provincia neste deporte”.

Por outra banda, Silvia Aguete agradeceu á Deputación polo recibimento e resaltou que “estas vitorias serven para impulsar o noso deporte, porque o deporte feminino necesita desta visibilidade” e Lucía Gómez desexou “poder estar aquí o ano que ven” xa que terá lugar un novo europeo. Pola súa parte, Adrián Paz, preparador físico da Selección española feminina de fútbol sala puxo en valor o traballo destas deportistas “o fútbol sala feminino sí que ten valor. Son xogadoras profesionais e cos medios que teñen fixeron todo o posible para gañar dous europeos consecutivos”. Tampouco esqueceu resinar que están na elite do deporte “levando o nome da provincia de Pontevedra por toda España e Europa”.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 11 resultados.