Cerdedo-Cotobade acolle este sábado a función Ris Ras, a cargo da compañía Baobab, ao abeiro do ciclo teatral da Deputación

O espectáculo de música, xogos e historias tradicionais terá lugar no auditorio do centro cultural de Cerdedo, ás 18:30 horas

24/11/2023

O auditorio do centro cultural de Cerdedo será escenario este sábado 25 de novembro da función da compañía Baobab, que porá en escena Ris Ras, no marco do ciclo “Tornar ás táboas”, co que a Deputación de Pontevedra está a espallar o teatro por toda a provincia neste último trimestre do ano. A función dará comezo ás 18:30 horas e a entrada será libre ata completar a capacidade

A compañía teatral Baobab presenta con Ris Ras un espectáculo de música, xogos, enredos e historias tradicionais da man dun trasno que nace do amor entre Catalina e Lourenzo (a Lúa e o Sol). Dirixido a un público infantil e familiar, ten como obxectivo poñer en valor da lingua galega e profundar nos ditos populares, refráns, poemas, leas e enredos menos coñecidos para que non se esquezan.

Co ciclo teatral “Tornar ás táboas” a Deputación de Pontevedra está a achegar entre outubro e decembro un total de 49 funcións gratuítas e dirixidas a todos os públicos a outros tantos concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes, coa participación de trinta compañías galegas que ofrecerán unha ampla variedade de espectáculos.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 6 resultados.