A provincia de Pontevedra recibe 10,47 millóns de euros do PIREP local (liña 2) para 7 proxectos de rehabilitación de edificios públicos
A provincia convértese no territorio galego que máis proxectos vai sacar adiante con cargo a Liña 2 deste programa e a sétima do conxunto do Estado
06/04/2023
A resolución publicada polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana sitúa á provincia de Pontevedra como a provincia de Galicia que mais recursos e proxectos de rehabilitación de edificios públicos vai sacar adiante con cargo á LIÑA 2 do Programa de Impulso á Rehabilitación dos Edificios Públicos para Entidades Locais (PIREP local), un programa financiado con fondos europeos Next Generation.
Nesta LIÑA 2 do PIREP LOCAL, Pontevedra volta a situase como a provincia galega que mais recursos recibirá ao obter o 50,17% do importe total concedido a Galicia con 10.474.360,13 € acadados; ocupa ademais a oitava posición entre as provincias de toda España ao acadar o 3,81% de todos os recursos estatais, tendo por diante só a Barcelona (33.175.496 €), Murcia (21.861.203,29 €), Madrid (16.168.410,21€), Alacante (11.336.475,69€), Valencia (11.081.097,25€), Almería (10.881.634,77) e Huesca (10.740.321,39€).
Ademais, dos 15 proxectos financiados na comunidade autónoma, sete de eles están localizados na provincia de Pontevedra, converténdose así na primeira provincia de Galicia e a sétima de España en número de proxectos acadados.
Na LIÑA 1 de este mesmo programa, aprobada en outubro do ano pasado, a provincia acadara xa financiación para outros 17 proxectos por valor de 12,1 millóns de euros situándose, naquel momento, como a provincia galega e a terceira de España con mais recursos conseguidos. Uns datos que unidos aos acadados agora na LIÑA 2, evidencian a importancia do traballo proactivo da Deputación de Pontevedra para facilitar o acceso aos fondos do Plan de Recuperación aos concellos de toda a provincia.
Así pois, as xornadas de formación para as entidades locais sobre fondos europeos e os mecanismos de información periódica desenvoltos dende a Oficina provincial para Fondos Europeos, e sobre todo, a aprobación dunha liña de subvencións específica para axudar á elaboración e adaptación dos complexos proxectos que os concellos tiveron que presentar para cumprir as esixentes bases desta convocatoria de axudas do PIREP (LIÑA 1 E LIÑA 2) , foron fundamentais para a consecución de estas inversións
En concreto, estas axudas foron de utilidade aos concellos de A Cañiza, A Guarda, Meis, Moaña Oia, Poio, O Rosal, Soutomaior e Tui. na tramitación da LIÑA 1 do PIREP.
Agora na LIÑA 2 permitiron que Tomiño accedera a unha axuda de 560.558 euros para a rehabilitación da antiga escola pública de Sobrada, e que Gondomar reciba 548.578 euros para as obras de reforma interior do seu Centro de Desenvolvemento Local (CDL).
A estes dous proxectos súmase o impulsado pola propia Deputación para realizar as obras de consolidación, restauración e interconexión mediante o subsolo dos edificios centrais do Museo de Pontevedra situados na Praza da Leña, que recibe un total de 3 millóns de euros, é dicir, a máxima subvención desta liña 2 do PIREP, para o seu desenvolvemento.
O resto dos proxectos na provincia corresponden á Rehabilitación do antigo Teatro principal de Tui con 722.293 €; a Rehabilitación del antiguo CEIP de O Cruceiro-Villalonga en Sanxenxo con 1.955.100,00€: a Rehabilitación Integra de Residencia de Mayores de Ponteareas con 637.830 €; e a Fase II Torre Rehabilitación Integral, Eficiencia Energética y Transformación de Espacios, en Vigo con 3.000.000.