SmartPeme imparte esta semana tres novos obradoiros

O programa de asesoramento tecnolóxico oferta cursos sobre Wordpress, a plataforma Booking e ferramentas de Google

26/07/2022

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta tres novas accións formativas mixtas impartidas de xeito online e presencial, enmarcadas na súa carteira de obradoiros. As accións tratarán temas como mellorar a túa web en Wordpress, promocionarse en Booking e coñecer novas ferramentas de Google.

Este mércores 27 de xullo, María Aller licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, impartirá o taller "Plugins de Wordpress para mellorar a túa web" no que ensinará como ter unha web moito máis robusta engadíndolle funcionalidades que a perfeccionen. Impartirase de xeito telemático a través de Zoom.

O xoves 28, ás 11.00h vía Zoom, terá lugar a acción "Promociona o teu alugueiro vacacional en Booking". Este obradoiro está orientado a persoas emprendedoras, autónomas e empresas do sector turístico e nel falarase de como crear e optimizar anuncios de aloxamentos e cales son as condicións e vantaxes desta plataforma dixital. A encargada de conducilo será Sonia Torres, posgraduada en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas.

Finalmente, o venres 29 celebrarase o derradeiro dos obradoiros deste mes. Esther Garcinuño, diplomada en Ciencias Empresariais, versará sobre "Ferramentas de Google para axudar ao teu negocio". Neste taller descubrirán unha ampla variedade de ferramentas e funcionalidades de Google que poderán axudar aos negocios a ser máis eficientes e conseguir os seus obxectivos.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 18 resultados.