Luis López aborda co alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, a situación actual e as necesidades das infraestruturas públicas deste Concello
22/06/2024
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, acompañado pola deputada responsable da área de Infraestruturas, do goberno provincial, Isabel Couselo, aborda nunha reunión de traballo co alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, o estado actual, as necesidades e proxectos de futuro da rede viaria de estradas provincial que atravesan este municipio, así como a situación do conxunto de infraestruturas públicas do Concello.
Unha nova mostra do municipalismo do goberno provincial que, no caso de Cerdedo-Cotobade, xa quedou patente coa achega a través do +Provincia de 844.000 euros, dos que 590.000 euros destínanse a investimentos, ou a colaboración para a mellora da mobilidade e seguridade viaria nas estradas EP-7102 entre Serrapio e Portela ou EP-0405 entre Xesteira e Almofrei, nas que a Deputación investiu máis dun millón de euros.