Luis López confirma que a Deputación vai distribuír 115.000 euros entre 19 entidades da provincia para impulsar actuacións de accesibilidade ao abeiro do programa Pontevedra, provincia + inclusiva

Luis López: “Queremos que todas as persoas poidan desenvolver actividades na vida cotiá sen restricións, ter unha participación activa a sociedade e usar e desfrutar os espazos e recursos”

29/11/2024

Xunta de Goberno 28-11-2024

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, anunciou hoxe o reparto de 115.000 euros do novo programa Pontevedra, provincia +inclusiva para que 19 entidades sen ánimo de lucro de 13 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes poidan impulsar actuacións de accesibilidade. López explicou que o programa busca promover condicións de seguridade e autonomía para as persoas, co fin de que “poidan desenvolver as actividades da vida cotiá sen restricións, ter unha participación activa na sociedade e usar e desfrutar os espazos e os recursos”.

As 19 entidades sociais, que proveñen de Bueu, Crecente, Lalín, Moaña, Mos, Nigrán, Pazos de Borbén, Ponteareas, O Porriño, Redondela, Tomiño, Tui e Vilagarcía de Arousa recibirán achegas de entre 400 e 10.000 euros que lles permitirán financiar os gastos derivados das obras de acondicionamento, reforma o ampliación de espazos accesibles, redaccións de memorias de proxectos de accesibilidade ou a adquisición de sistemas inclusivos de comunicación ou axudas técnicas relacionadas coa mobilidade e o coidado persoal, como poden ser camas articuladas, cadeiras de rodas ou grúas, entre outras.

En concreto, a Asociación Parkinson de la provincia de Pontevedra (Bueu) recibirá 10.000 €; o Colexio Nuestra Señora de Fátima en Creciente Esclavas de la Virgen Dolorosa (Crecente) 8.778 €; a Asociación ASPADEZA (Lalín) 1.364 €; a Asociación para la Protección de los Ancianos de Lalín y Comarca (Lalín) 4.474 €; a Asociación Rapaces/zas e Amigos/as con Necesidades Especiais (Lalín) 410 €; AFAMO (Moaña) 7.850 €; a Casa Santa María de la Esperanza Esclavas Virgen Dolorosa (Mos) 8.847 €; a Asociación Benéfica Social de Padres y Amigos La Esperanza del Valle Miñor (Nigrán) 4.542 €, e a Asociación de Padres de Personas con Discapacidad Intelectual de Vigo -ASPAVI (Pazos de Borbén) 8.577 €.

Ademais, a Asociación de Persoas con Discapacidade das Comarcas do Condado e Paradanta (Ponteareas) recibirá 2.887 €; Dar Más (Ponteareas) 1.248 €; Aceesca - Asociación de Apoyo a Personas con Diversidad Intelectual (O Porriño) 10.000 €; a Asociación Lenda de Saúde Mental (Redondela) 5.998 €; a Asociación de Persoas con Discapacidade Vontade (Tomiño) 1.691 €, e a Congregación Hermanas Franciscanas Hospitalarias (Tui) 5.215 €. Por último, son catro as entidades benéficas de Vilagarcía de Arousa as que contarán con achegas desta convocatoria: a Asociación Autismo BATA con 8.353 €, Dalle que Dalle Sociedade Cooperativa Galega con 4.334 €, a Fundación Lar Pro Salud Mental con 10.000 € e a Fundación Residencia Divina Pastora con outros 10.000 €.