A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, participa na presentación do IV Torneo Internacional de Fútbol Base MS2 Cup 2023
28/07/2023
A vicepresidente primeira da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, participou este venres na presentación do torneo de fútbol base MS2 CUP 2023 na Sede do RC Celta de Vigo, que se celebrará entre o 25 e o 27 de agosto e o 1 e o 3 de setembro na Cidade Deportiva da Madroa e no Campo José Costas de Candeán e no que participarán numerosos equipos chegados de todo o mundo. O torneo, organizado polo ex futbolista Michel Salgado e que chega este ano á súa cuarta edición, ten como obxectivo promocionar o deporte e construír unha tradición na que equipos de primeiro nivel mundial se enfrontan a outros locais. Na presentación, ademais da vicepresidenta primeira, estiveron Michel Salgado, CEO da MS2 CUP 2023; Ana Ortiz, delegada Territorial da Xunta de Galicia en Vigo; Álex Abalde, adestrador de categorías inferiores do RC Celta, e Carlos Cao, director de negocio do club vigués.