O vicepresidente Rafa Domínguez participa no acto de presentación de “Cuando la tormenta pase”, a novela de Manel Loureiro gañadora do premio Fernando Lara 2024

28/06/2024

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, xunto co deputado de Cultura, Jorge Cubela, acaba de participar no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra no acto de presentación de “Cuando la tormenta pase”, a novela de Manel Loureiro gañadora do premio Fernando Lara 2024. Domínguez felicitou ao autor por este recoñecemento, “un máis na túa traxectoria meteórica”, e por ser quen de recoller con mestría nos seus libros “historias pontevedresas” que o converten “nun excelente embaixador da provincia”. Ao respecto, o vicepresidente provincial subliñou que “se antes foron outros os escenarios desta provincia escollidos por Loureiro para ambientar as súas novelas, neste caso tócalle a Ons, unha illa marabillosa, un paraíso, pero tamén un escenario perfecto para a ambientación dun thriller que, tal e como indica o seu título e sen facer spoiler, estará condicionado por unha tormenta”.

Galerias de imaxes