Luis López presentaralles ás e aos 61 alcaldes da provincia unha política baseada na colaboración, na transformación e no municipalismo

O presidente da Deputación cumpre o seu compromiso de reunir as e os dirixentes municipais para presentarlles en primicia as liñas mestras que rexerán a acción de goberno do próximo ano

16/10/2023

Este luns, no salón de plenos do Pazo provincial, o presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, presentaralles ás e aos 61 alcaldes da provincia as liñas políticas que centrarán o seu mandato e que estarán baseadas na colaboración, na transformación e no municipalismo.

O mandatario provincial cumpre co seu compromiso de darlles a coñecer, en primeiro lugar, ás e aos dirixentes municipais os criterios que rexerán a acción de goberno da Deputación durante o próximo ano.

Ao encontro, que comezará ás 11 horas deste luns, están invitados as alcaldesas e os alcaldes dos 61 concellos da provincia de Pontevedra. Será un acto no que Luis López lles presentará o seu plan de goberno que, como leva dicindo desde o comezo do seu mandato, terá os concellos como os grandes protagonistas.