Nigrán cumpre o soño de humanizar a antiga estrada autonómica da Rúa Otero Pedrayo gracias ao Plan ReacPon da Deputación

As actuacións teñen un orzamento de case 1,6 millóns de euros e dotan a totalidade da estrada de condicións dignas para un uso seguro e sostible da mesma

23/08/2022

Nigrán  

Tras lograr a transferencia antiga estrada autonómica da rúa Otero Pedrayo, o Concello de Nigrán está comezando a facer realidade a súa humanización, dando así satisfacción a unha demanda histórica da veciñanza. A obra, que conta cun orzamento de 1.592.114 euros dos que a Deputación achega 905.214 euros a través do plan ReacPon, vén de comezar nos últimos días. Ata a rúa Otero Pedraio achegáronse o deputado provincial Carlos Font xunto co alcalde e Nigrán, Juan González, para comprobar os avances nunha actuación que encádrase no modelo de mobilidade amable, sostible e segura que promulga a Deputación. Na visita tamén participaron representantes da asociación de veciños/as.

O proxecto abrangue a totalidade dos 1,6 quilómetros da antiga estrada autonómica, unha vía moi concorrida pola súa proximidade ás praias de Panxón e Madorra e que tamén serve como enlace entre as vías autonómicas PO-325 e PO-552, polo que deben combinarse os usos peonís, en condicións de calidade e seguridade, coa circulación rodada. A calzada pasará, deste xeito, a contar cun carril de circulación por sentido con ancho mínimo de 3 metros así como con zonas de aparcamento con ancho entre os 2,20 e os 2,50 metros. No que atinxe ás beirarrúas, estas terán un ancho mínimo de 1,80 metros e daráselles continuidade a través de materiais como pedra ou firme de formigón. Ademais, procederase ao asfaltado da estrada e sobreelevaranse os pasos de peóns/as.

O financiamento Deputación tamén servirá para mellorar os servizos dado que están proxectados cambios nas redes de subministracións coa renovación integral das tubaxes de abastecemento de auga e saneamento, así como o soterramento do tendido eléctrico e telefónico. Ademais disto afróntase o cambio das luminarias, que contarán con tecnoloxía LED máis respectuosa co medio ambiente.

Ademais de solucionar os problemas que arrastra o viario, as obras servirán para dispoñer na rúa Otero Pedraio de masas vexetais e de mobiliario urbano, como 10 papeleiras e 10 bancos. Esta humanización completarase coa conversión dunha parcela municipal de 450 metros cadrados nunha zona verde de lecer destinada ao uso das e dos veciños. A parcela, que fai esquina coa rúa Costiña, contará con bancos e un novo parque de biosaudable.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 15 resultados.