Luis López preside o minuto de silencio da Deputación en solidariedade coas vítimas da traxedia do Argos Georgia

26/07/2024

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, presidiu este venres o minuto de silencio convocado pola institución provincial en sinal de respecto e recoñecemento ás vítimas da traxedia do pesqueiro Argos Georgia, tanto aos falecidos e desaparecidos como ás súas familias, en mostra de apoio e solidariedade. O minuto de silencio, no que participaron tanto a corporación como traballadores da Deputación, tivo lugar na entrada do Pazo provincial intres antes de que comezase o Pleno ordinario de xullo.