A Deputación garda un minuto de silencio en memoria dos dous gardas civís falecidos en acto de servizo

12/02/2024

Minuto de silencio en sinal de respecto e  recoñecemento aos dous gardas civís falecidos en acto de servizo

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, acompañado polo vicepresidente segundo, Rafa Domínguez, e por traballadoras e traballadores da Deputación, gardou esta mañá un minuto de silencio en sinal de respecto e recoñecemento aos dous gardas civís falecidos en acto de servizo o pasado venres 9 de febreiro en Barbate e tamén como mostra de apoio e solidariedade coas súas familias.