A Deputación de Pontevedra garda un minuto de silencio en sinal de respecto polas vítimas do incendio de Valencia

26/02/2024

Persoal da Deputación de Pontevedra, encabezados polo presidente provincial, Luis López; ademais dos deputados Jorge Cubela, Sandra Bastos, Isabel Couselo e Javier Tourís; concentráronse ao mediodía deste luns na escalinata de acceso ao Pazo provincial para gardar un minuto de silencio en sinal de respecto e recordo polas vítimas do incendio ocorrido en Valencia o pasado xoves e tamén como mostra de apoio e solidariedade coas familias e achegados das persoas afectadas