A Deputación adxudica os traballos de mellora da drenaxe na estrada EP9601 en Vilagarcía de Arousa

As obras teñen un orzamento de máis de 61.000 euros e un prazo de execución de catro meses

02/05/2023

Mellora drenaxe EP9601 en Vilagarcía de Arousa

A Deputación de Pontevedra vén de adxudicar as obras de mellora da drenaxe transversal na EP-9601 Vilagarcía de Arousa-Cea-Castrogundín, ao seu paso polo concello de Vilagarcía de Arousa, cun orzamento de máis de 61.000 euros. O prazo de execución desta actuación é de catro meses.

En concreto, os traballos desenvolveranse no treito comprendido entre os puntos quilométricos 1+350 e 1+400, e teñen por obxecto subsanar as deficiencias que presentaba o sistema de drenaxe, a fin de salvagardar a debida prestación do servizo público viario e mellorar a seguridade viaria.

A actuación contempla a roza e limpeza de ambas marxes da estrada provincial, así como a execución das correspondentes obras de mellora da drenaxe, coa instalación das tubaxes necesarias, e finalmente a reposición pavimento no ámbito de actuación.