Marta Fernández-Tapias asistiu á final e á entrega de premios do cadro feminino do Vigo Tennis Open 2023

15/10/2023

A vicepresidenta primeira da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, asistiu esta tarde á final e á entrega de premios do cadro feminino do Vigo Tennis Open 2023. O torneo de tenis internacional júnior, cuxa fase final comezou o pasado 10 de outubro e se celebrou no Club de Campo de Vigo,  forma parte do ITF World Tennis Tour Juniors, o circuíto máis importante de tenis mundial sub-18, e nel déronse cita 128  tenistas dunha trintena de países.