Luis López téndelle a man da Deputación á Fundación Galega contra o Narcotráfico para colaborar na loita contra o narcotráfico na provincia

25/03/2024

Xuntanza do presidente da Deputación coa Fundación Galega de Narcotráfico

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, recibiu no seu despacho do Pazo provincial as persoas da xunta directiva da Fundación Galega Contra o Narcotráfico, coas que mantivo unha reunión de traballo para abordar asuntos de interese mutuo e explorar novas vías de colaboración.

Da man do presidente, Manuel Antonio Couceiro; do xerente, Fernando Alonso; e da patroa, Elena Suárez, o mandatario provincial coñeceu as principais liñas de traballo que centran a actividade desta fundación e interesouse pola situación actual das redes de delincuencia organizada ligada ao tráfico de drogas. Do mesmo xeito, Luis López tendeu a man da Deputación para colaborar en todo o que sexa posible coa Fundación Galega Contra o Narcotráfico.