Luis López informa da licitación das obras de conservación de firmes nos 1.650 quilómetros da rede de estradas provinciais por un importe de 4,5 millóns de euros

O contrato está dividido en seis lotes comarcais para garantir o bo estado do pavimento e a estrutura das estradas, así como a renovación da sinalización horizontal destas

19/01/2024

Luis López en rolda de prensa

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, informou este venres da apertura do proceso de licitación das obras de conservación de firmes na rede viaria de estradas provinciais por un total de 4,5 millóns de euros; a finalidade destes contratos é garantir a seguridade viaria no conxunto de 1.650 quilómetros de estradas e para logralo as actuacións adxudicaranse por lotes comarcalizados. “O noso obxectivo é garantir a seguridade viaria nas estradas e farémolo con actuacións localizadas en diferentes treitos das estradas”, explicou o mandatario provincial.

O obxectivo desta iniciativa pasa por garantir o mantemento das características superficiais e estruturais do pavimento intervindo nas zonas máis degradadas e, ao mesmo tempo, renovando a sinalización horizontal en toda a rede provincial.

O contrato está dividido en seis lotes comarcais; cun orzamento de 870.000 euros atenderanse as necesidades das estradas que atravesan os concellos de Silleda, A Estrada, Cerdedo-Cotobade, Forcarei, Caldas de Reis, Cuntis, Valga, Pontecesures e Catoira; o mesmo importe servirá para arranxar as deficiencias das estradas que pasan polos municipios de Pontevedra, Vilaboa, Ponte Caldelas, A Lama, Cerdedo-Cotobade, Barro, Poio, Cangas, Moaña, Marín, Bueu, Pazos de Borbén, Fornelos de Montes, Redondela, Soutomaior, Moraña e Campo Lameiro; por 725.000 euros realizarase o mantemento das calzadas que pasan por Salceda de Caselas, Pazos, Tui, Ponteareas, Salvaterra de Miño, As Neves, Mondariz, Mondariz-Balneario, A Cañiza, Covelo, Arbo e Crecente; do mesmo xeito, a Deputación destina 685.000 euros ao mantemento das vías de Vigo, Nigrán, Baiona, Gondomar, O Porriño, Salceda de Caselas, Mos, Redondela, Tui, Tomiño, Oia e O Rosal; un total de 650.000 euros para atender os camiños de Lalín, Dozón, Rodeiro, Agolada e Vila de Cruces; e un orzamento de 636.000 euros para corrixir as deficiencias das estradas provinciais de Barro, Caldas de Reis, Portas, Cambados, O Grove, Sanxenxo, Meaño, Meis, Ribadumia, Vilanova de Arousa e A Illa de Arousa.

audios