Luis López asiste ao partido da Liga de Nacións da UEFA entre España e Italia en Pasarón
01/12/2023
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, asistiu este venres no estadio municipal de Pasarón, en Pontevedra, ao partido de fútbol disputado entre as seleccións femininas de España e Italia, correspondente á quinta xornada do grupo catro da Liga de Nacións da UEFA. O mandatario provincial estivo acompañado pola vicepresidenta primeira e responsable de Deportes, Marta Fernández-Tapias.