Esgotadas en quince minutos as entradas para o partido da Selección Feminina de Fútbol que patrocina a Deputación en Pasarón

As localidades para ver o encontro que se disputará o 1 de decembro en Pontevedra entre as campioas do mundo e a selección italiana tiñan prezos accesibles que ían dos 10 aos 15 euros

23/11/2023

O Estadio Municipal de Pasarón colgou en apenas 15 minutos o cartel de completo para ver o partido oficial que enfrontará á Selección Española Feminina de Fútbol e o conxunto nacional de Italia o vindeiro 1 de decembro na Women’s Nations League e que será patrocinado pola Deputación de Pontevedra. A volta das campioas do mundo a Pontevedra suscitou un grande interese por parte da cidadanía, que tan só tardou uns minutos en esgotar as 12.000 localidades que había dispoñibles para as diferentes zonas do estadio. Unha resposta masiva que dá conta da grande expectación que hai ante esta cita deportiva, así como a aposta da Federación de Fútbol e os diferentes colaboradores, entre os que se atopa a Deputación, por ofrecer uns prezos accesibles que ían desde os 10 euros nas gradas de fondo e os 15 en tribuna, pasando polos 12 das localidades de preferencia.

A Deputación colabora con este encontro, que converterá Pontevedra de novo en escenario dunha competición deportiva internacional de grande importancia, como parte do seu compromiso co deporte ao tratarse dun dos eixes prioritarios do Goberno provincial. Neste sentido, a Administración provincial apoiará economicamente esta cita ante a selección italiana cun patrocinio de 200.000 euros. 

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 4 resultados.