A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reúnese coa alcaldesa de Moaña para analizar a situación das estradas provinciais ao seu paso pola vila

03/05/2024

A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, mantivo unha xuntanza de traballo coa alcaldesa de Moaña, Leticia Santos, e outros membros do Goberno Local, para analizar a situación das estradas provinciais ao seu paso pola vila. Nesta primeira toma de contacto, a deputada provincial coñeceu as demandas do goberno local de Moaña en canto ao viario provincial que atravesa o concello.