A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reúnese co alcalde de Barro para analizar a situación das estradas provinciais ao seu paso pola vila

16/04/2024

Isabel Couselo reúnese co alcalde de Barro

A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, mantivo unha xuntanza de traballo co alcalde de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes, para analizar a situación das estradas provinciais ao seu paso pola vila. Nesta primeira toma de contacto, a deputada provincial coñeceu as demandas do Goberno local de Barro en canto á rede viaria provincial que atravesa o concello.