O AECT Rio Minho celebra a inclusión de Ponte... Nas ondas! No rexistro da UNESCO como recoñecemento ao seu traballo exemplar a prol da cultura transfronteiriza miñota

A asociación colaborou na iniciativa Tesouros Humanos Vivos do Rio Minho impulsada pola Deputación de Pontevedra e o AECT Rio Minho

02/12/2022

O AECT Rio Minho felicita e comparte a alegría da asociación galego-portuguesa Ponte... nas Ondas! por teren pasado a formar parte do Rexistro de Mellores Prácticas da Unesco, máximo recoñecemento posible aos seus máis de 20 anos de traballo exemplar a prol da cultura inmaterial tranfronteiriza miñota. O veredicto deuse a coñecer durante a celebración do 17º Comité Intergubernamental da UNESCO celebrado esta semana en Rabat.

Precisamente, nesta liña de traballo de preservación da cultura inmaterial Ponte... nas Ondas! colaborou co AECT Rio Minho para o desenvolvemento do proxecto Tesouros Humanos do Rio Minho, unha iniciativa de recuperación da memoria cultural galego-portuguesa transfronteiriza que se materializou na creación dun repositorio web (http://smartminho.eu/tesouros-humanos-vivos/) con toda a información recompilada, un documental, unha exposición itinerante, contacontos nas escolas e a edición dun libro infantil.

Esta distinción supón feito histórico xa que se trata dunha candidatura galego-portuguesa , en calquera caso, nunca antes unha candidatura xa fose de España ou Portugal conseguira formar parte do Rexistro de Mellores Prácticas de Salvaguarda impulsado polo das Nacións Unidas.

Galerias de imaxes