O deputado de Deportes, Gorka Gómez, salienta, durante a recepción ao Poio Pescamar, o impulso do deporte feminino na provincia
02/06/2022
As xogadoras do Poio Pescamar de fútbol sala fixeron hoxe parada na Deputación Provincial, onde foron obxecto dunha recepción oficial tras proclamarse campioas da XV edición da Copa Galicia. O deputado de Deportes puxo en valor a importancia do apoio económico por parte das institucións e a visibilidade do deporte femenino porque “non ocupades o espazo que merecedes e nós temos que poñervos no foco”. Por outra banda, lembrou o compromiso da Deputación coa igualdade, “equiparando as axudas entre equipos masculinos e femininos” e a súa aposta pola formación de mulleres entrenadoras. Gómez tamén animou ás xogadoras, que están na loita por conseguir una plaza no “play off” polo título de Liga. O Poio Pescamar celebra, precisamente, este ano o seu 25º aniversario polo que mereceu os parabéns do deputado.
Daniela Oliveira, capitana do equipo, agradeceu á Deputación o seu apoio e animou a continuar nesta liña de crecemento asegurando que “temos moitos trunfos que dar”. Pola súa parte, o presidente do club, Juan José Gracía Camiño, valorou a loita pola igualdade da Deputación no ámbito deportivo e insistiu en que, no conxunto da sociedade, “aínda queda moito” para acadar o mesmo apoio que reciben os deportistas masculinos. A este acto tamén asistiron algunas rapazas da categoría infantil que veñen de gañar a Liga Galega infantil femenina de Fútbol Sala.