A Deputación está a investir máis de 177.000 € no impulso da eficiencia enerxética en Forcarei

A presidenta Carmela Silva visitou coa alcaldesa Verónica Pichel os avances que se están a  producir na renovación do alumeado público no concello

18/02/2023

IDAE eficiencia enerxética en Forcarei

A Deputación de Pontevedra está a investir máis de 177.000 € no impulso da eficiencia enerxética en Forcarei. A presidenta da institución provincial, Carmela Silva, xunto á alcaldesa Verónica Pichel, coñeceron os avances que se están a producir na renovación do alumeado público e dalgúns cadros de mando existentes no concello grazas aos recursos provinciais, que contan cunha axuda de 38.000 € do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Instituto para a Diversificación e Aforro de Enerxía de España (IDAE).

En total en Forcarei estanse a substituír 387 luminarias existentes nos tres núcleos urbanos do concello- Soutelo, Cachafeiro e Forcarei- por outras LED de maior eficiencia enerxética. Tamén a actuar en 9 cadros de mando, como que puido ver Carmela Silva no lugar de Cachafeiro. Cando a renovación estea rematada, o aforro enerxético será superior ao 70%. Esta actuación que está a impulsar a Deputación na vila forma parte dun proxecto que se desenvolve en cinco concellos da provincia cun orzamento de 884.111€ e cunha achega de 783.193€ do FEDER a través do IDAE.  

Pola súa banda, o concello de Forcarei está a procurar financiamento a través do Plan de Recuperación para estender o cambio de luminarias a todos os núcleos do rural.  Ademais, tamén se están a executar outras actuacións de mellora da eficiencia enerxética na vila. Deste xeito, a Casa do Concello contará con novas instalacións de xeración eléctrica renovable para autoconsumo, cun orzamento de preto de 11.000 euros e unha achega de 9.145 € a través da convocatoria de axudas para investimentos a proxectos singulares locais de enerxía limpa en municipios de reto demográfico (DUS 5000) do Plan de Recuperación. O Concello contará con instalacións solares fotovoltaicas con modalidade de autoconsumo con vertido a rede de excedentes, cunha potencia eléctrica de 8,16 kW e unha produción anual estimada de 10.115 kW para acadar así aforro de custes de climatización e iluminación do edificio dos anos 70.

Galerias de imaxes

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 4 resultados.