A Deputación inaugura na Estrada a exposición “Cines de Pontevedra. Memoria dunha ilusión”

02/10/2024

A deputada provincial Belén Cachafeiro, xunto co alcalde da Estrada Gonzalo Louzao, acaba de inaugurar na Casa das Letras do concello de Tabeirós-Terra de Montes a exposición "Cines de Pontevedra. Memoria dunha ilusión", que se poderá visitar ata o vindeiro 23 de outubro. A mostra promovida pola Deputación busca recuperar os recordos dos vellos cines, daqueles de sala única que se espallaron ao longo do século XX polas cidades, vilas e localidades da provincia e que, salvo contadas excepcións, pertencen xa ao pasado. Neste eido, a deputada provincial Belén Cachafeiro destacou que, con esta exposición itinerante, "queremos  reivindicar o papel das salas de cinema como dinamizadoras da actividade social e cultural porque, para este goberno da Deputación a cultura é un obxectivo prioritario e estamos a traballar con forzas para situala no lugar que se merece".

Ligazóns de interese

Galerias de imaxes