A Deputación mobiliza un millón de euros para a mellora integral da estrada de Almofrei

As obras dotarán a vía de Cerdedo-Cotobade de itinerarios seguros para o tránsito peonil, mellorarase a capa de rodaxe e reducirase un 14 % o consumo enerxético anual

27/10/2023

Luis López

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, informou en conferencia de prensa de que a Xunta de Goberno acaba de aprobar o expediente de licitación das obras que transformarán integralmente a estrada de Almofrei, no concello de Cerdedo-Cotobade. Esta actuación, que permitirá mellorar a seguridade do tráfico rodado e peonil da estrada, suporá mobilizar preto dun millón de euros (946.599 €) para actuar na totalidade do trazado da vía (1,5 quilómetros).

O presidente sinalou que esta inmediata mellora da EP-0405 A Xesteira-Almofrei ten por obxecto a creación de vías seguras para o tránsito peonil, concretamente, “unha nova senda peonil” na marxe esquerda da vía, de 2,5 metros de ancho, “e zonas de convivencia onde terán prioridade os peóns” naqueles tramos onde non se pode executar a senda. Esta vía  peonil terá unha lonxitude de 1 km, e nese trazado, ademais, limitarase a velocidade a 30 km/h e incorporaranse tres redutores de velocidade. Nas zonas de convivencia, de preto de 300 metros de lonxitude, a velocidade máxima será de 20 km/h.

Ademais, desde a conexión coa estrada autonómica PO-233, o proxecto de transformación tamén inclúe a mellora do trazado, coa aplicación dunha nova capa de rodaxe e o emprego de novos paquetes de firme para ampliar a plataforma nas zonas de convivencia. Como actuacións complementarias, a Deputación de Pontevedra acometerá a mellora da drenaxe e a canalización para soterrar a rede de iluminación nas zonas de convivencia. Con isto conseguirase diminuír o consumo de enerxía, cun aforro enerxético estimado do 14 % (pasando dos 42.969 kWh anuais aos 37.030 kWh).

A Deputación conseguiu unha achega do IDAE (Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía) dentro do programa DUS-5000 por importe de preto de 700.000 €, polo que máis do 70 % da actuación será financiada con recursos de Europa. O importe restante asúmeo a institución provincial, que ache

Logos

audios