A Deputación leva o circuíto +Escénicas ata Soutomaior coa obra teatral “Vicio houbo sempre” de Xarope Tulú

A peza, dirixida a público adulto, poderá verse no Multiusos de Arcade o próximo venres 18 de outubro ás 21:00 horas

15/10/2024

A Deputación de Pontevedra leva o circuíto +Escénicas ata Soutomaior coa obra teatral “Vicio houbo sempre” a cargo da compañía Xarope Tulú. A peza, dirixida a público adulto, poderá verse no Multiusos de Arcade o próximo venres 18 de outubro ás 21:00 horas. +Escénicas trátase dun novo circuíto da institución provincial, dotado con 150.000 euros, que vai espallar unha completa programación de teatro e danza en 49 concellos da provincia ata marzo de 2025.

Xarope Tulú é unha compañía de teatro fundada no ano 2015 por Atenea García e Nicolás Zamorana dedicada ás artes escénicas para cativos e cativos. A súa primeira peza, “Amiña primeira viaxe”, foi estreada en febreiro de 2015 na Coruña. Na actualidade conta con catro espectáculos para público familiar aínda que en 2022 estrea o seu primeiro espectáculo de narración para público adulto: “Vicio houbo sempre”, a peza que se poderá ver en Soutomaior este venres.

Co circuíto +Escénicas, a Deputación busca dar resposta á demanda que o sector profesional ven facendo dende hai máis de 15 anos. Ao abeiro do circuíto a cada concello correspóndelle unha achega máxima de 3.400 euros e para a súa posta en marcha a institución provincial lanzou un amplo catálogo de espectáculos de danza e teatro que está dispoñible na páxina web da Deputación de Pontevedra.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 4 resultados.