Rafa Domínguez revive a Bienal de Arte de Pontevedra e consigue atraer o interese internacional
O vicepresidente provincial visitou a Bienal de Vilanova da Cerveira o pasado sábado para establecer sinerxías culturais coa cita do país veciño
07/08/2024
A recente reactivación da Bienal de Arte de Pontevedra, que volverá na súa edición número 32 o vindeiro 2025, liderada polo vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, ten captado a atención de importantes eventos artísticos a nivel internacional. A máis recente foi a Bienal de Vilanova de Cerveira, que está mostrando un notable interese en colaborar e establecer sinerxías, polo que o vicepresidente provincial visitou a cita cultural portuguesa a pasada fin de semana.
A recuperación da Bienal vai en liña co obxectivo do Goberno provincial de converter a Pontevedra nunha cidade da cultura e nun referente nacional e internacional. Este evento cultural foi unha parte importante da identidade cultural da nosa cidade durante moitos anos e agora, co obxectivo de revitalizar e promover as artes. A Bienal de Arte de Pontevedra volve grazas ao compromiso do vicepresidente provincial e será "un evento cultural vangardista e inclusivo, destinado a poñer en valor a diversidade artística", dando voz a artistas emerxentes e establecidos de todas as orixes e enfoques artísticos.
Desde o anuncio da súa volta, esta nova cita pontevedresa coa cultura suscitou un grande interese a nivel internacional, chamando a atención, entre outros, de encontros de gran renome a Bienal de Vilanova da Cerveira, que estendeu unha invitación a Rafa Domínguez para asistir a estes eventos. Desta maneira, o vicepresidente provincial visitou pasado sábado , onde percorreu a exposición principal e mantivo unha reunión coa directora da mostra, Helena Mendes, na que falaron das posibles sinerxías e colaboracións futuras entre esta cita cultural e a Deputación. Domínguez aproveitou tamén para invitar á cita cultural do país veciño á participar na XXXIII Bienal de Arte de Pontevedra, prevista para o próximo 2025.
Rafa Domínguez explicou que o obxectivo é crear sinerxías entre diferentes citas culturais internacionais e a Bienal de Arte de Pontevedra, como a opción de irmandar as citas de Pontevedra e Vilanova da Cerveira, e beneficiarse así de todas as oportunidades que suporía establecer unha colaboración directa, creando vínculos e zonas de contacto entre ambos eventos.