Dúas entidades do Morrazo reciben preto de 6.000 euros da Deputación de Pontevedra para realizar actividades turísticas

Beneficiaranse entidades de Bueu e Moaña. Mediante as axudas sufragaranse gastos de programas como “Descubrindo a vila de Bueu” ou “Descubre Moaña. Descubre As Rías Baixas”

01/11/2023

Dúas entidades da comarca do Morrazo recibirán preto de 6.000 euros no marco das axudas convocadas pola Deputación de Pontevedra para realizar actividades turísticas durante 2023. As axudas, que foron aprobadas na última Xunta de Goberno da institución provincial, teñen por obxectivo colaborar na promoción do destino Rías Baixas e estimular a competitividade, a calidade, a accesibilidade e a sostibilidade do sector turístico.

No caso concreto do Morrazo, beneficiáronse entidades de Bueu e Moaña. Grazas a estas axudas, a Asociación FICBueu puido impulsar o programa “Descubrindo a vila de Bueu” e “Descubre Moaña, descubre As Rías Baixas”.

Este ano a institución provincial aprobou destinar axudas a 40 entidades do conxunto da provincia por valor de 100.000 euros, no marco dun novo impulso do Goberno provincial para fortalecer o sector turístico da provincia.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 4 resultados.