A Deputación achega máis de 600.000 euros ao Concello de Marín para a mellora da piscina municipal

A Xunta de Goberno aprobará este venres esta axuda do Plan Concellos 2022-2023, que permitirá realizar diferentes actuacións nas cubertas, fachadas e estruturas para mellorar e preservar este equipamento

30/11/2022

Carmela Silva en rolda de prensa

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vai aprobar este vindeiro venres unha importante achega para Marín por importe de 604.371 euros, ao abeiro do Plan Concellos 2022-2023, con destino ás obras de mantemento e conservación da piscina municipal.

Este “potente proxecto”, como destacou hoxe a presidenta provincial, Carmela Silva, contempla unha serie de actuacións sobre as fachadas, cubertas, estruturas metálicas, o interior dos vestiarios e o ximnasio, de cara a mellorar e preservar este equipamento municipal. Retirarase amais equipamento fóra de uso.

Deste xeito, a actuación contempla a reforma da cuberta, así como a renovación do lucernario, e a habilitación dunha nova fachada translúcida de policarbonato celular. Amais, acometerase a limpeza de fachadas exteriores, a reparación da carpintería exterior de acceso, executaranse diversos reforzos estruturais e reporanse así mesmo elementos danados nas bancadas. Por outra banda, levaranse a cabo tamén reformas nos vestiarios e no ximnasio, onde se substituirá a tarima de madeira por un solado de baldosa.

audios

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 7 resultados.