#IGUALDADE

Manifesto de Soutomaior

O día das Escritoras é unha conmemoración iniciada en España en outubro de 2016 promovida por Clásicas e Modernas, asociación para a igualade de xénero na cultura, para recuperar o legado das mulleres autoras e editoras e facer visible o traballo das mulleres na literatura e combater a discriminación sufrida o longo da historia.


O pasado luns, 8 de novembro de 2021, a Deputación de Pontevedra uniuse á celebración desta 6ª edición e conmemorou este día no Castelo de Soutomaior cunha xuntanza de mulleres, encontro de autoras e editoras galegas e xestoras públicas da nosa Deputación.

Trala celebración, os faladoiros e as reflexións, o debate concluíu coa sinatura dun manifesto histórico, denominado “Manifesto de Soutomaior”, que toma como exemplo o modelo do manifesto “Séneca Falls” do século XIX porque inclúe doce decisións, motor do traballo futuro para conseguir a igualdade.

Nel denúnciase as diferentes situacións de desigualdade que existen no mundo da escrita e proponse un plan de acción para rachar con elas.

O documento recolle as firmas de 19 mulleres, entre elas, autoras, editoras, libreiras e xestoras públicas.

O “Manifesto de Soutomaior” recolle doce decisións que deben servir de referencia futura para conseguir a igualdade na creación e produción artística e intelectual. O documento reclama dereitos para as mulleres, neste caso para as mulleres da cultura e das letras nas que tamén existe a fenda de xénero.

Convidamos á súa lectura, reflexión, así como á súa adhesión coa súa sinatura. En caso de que sexa do seu interese pregámoslle que nos faga chegar o documento de adhesión cuberto ao enderezo electrónico presidencia@depo.es

Galerias de imaxes

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 6 resultados.