#LINGUA

Lingua Galega de Signos

A Deputación de Pontevedra mantén un acordo de colaboración coa Organización de Diversidade Sensorial de Galicia (XOGA) para realizar unha achega de 30.000 euros destinada á realización dun traballo de investigación no que se recoñeza a lingua de signos galega (LSG) como forma de comunicación oficial.


En 2007 no territorio estatal recoñecéronse como linguas de signos oficiais a española e a catalá, algo que non aconteceu coa galega por cuestións sociais e políticas, o que fixo que a comunidade xorda galega optase por uniformar a súa vía de comunicación adoptando a lingua de signos española. O obxectivo do traballo realizado pola LSG é garantir os dereitos lingüísticos da comunidade con diversidade sensorial de Galicia.

“Informe cero”

O “Informe cero”, impulsado pola Deputación de Pontevedra e pola Organización de Diversidade Sensorial de Galicia Xoga, acaba de confirmar que a lingua de signos galega (SLG)  existe, é unha realidade lingüística e non hai que creala. A análise preliminar subliña que a necesidade agora é recompoñela, recoller o que queda dela antes de que desaparezan as súas e os seus informantes, e revitalizala.

A investigación, coordinada por José María Pazos Abad e con Carlos Manuel Varela Ulla como investigador principal, aclara de maneira definitiva as dúbidas sobre a existencia real da SLG, que, de xeito habitual, utilizan de maneira histórica e a diario persoas xordas e con discapacidade auditiva, ademais das súas familias e das persoas que integran os centros e as asociacións en toda Galicia.

O Departamento de Lingua da Deputación traballará desde xa para realizar máis estudos e máis actuacións segundo as liñas do “Informe cero”, así como para recompilar apoios institucionais para a posta en valor e o recoñecemento da LSG.


 

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 4 resultados.