![](/documents/37861/56067/historias_cavadas.jpg/5ada9bb5-6f89-bf1f-a328-ddd04f04caa8?t=1662031606964)
#CulturaEnFamilia
Historias cavadas
Visitas escenificadas aos castros da provincia
Unha vez emprendida a musealización nos castros da provincia coa colaboración da Deputación de Pontevedra, do Ministerio de Fomento e dos propios concellos, e co compromiso da súa dinamización in situ, o pasado 2021 puxemos en marcha un programa de visitas teatralizadas desde a sustentabilidade, a accesibilidade e a inclusión de todos os públicos.
A protección, conservación e difusión do noso patrimonio é un dos cometidos das administracións públicas; neste caso, a Deputación de Pontevedra vela e colabora co mantemento do noso patrimonio para que se lles poida transmitir ás xeracións futuras. O obxectivo que se procura coas actividades nestes enclaves patrimoniais é que a historia, o valor cultural, o contexto social e o significado artístico, patrimonial e simbólico destes xacementos arqueolóxicos sexa interpretado e lle chegue ao público dunha maneira amena e didáctica, que axude a comprender o importantísimo papel que teñen como testemuña do pasado e o indispensable labor de recuperación e respecto que se realiza para sacalos á luz e que continúen a súa historia cara ao futuro.
Tras o éxito da primeira edición, a Deputación de Pontevedra, a través da súa área de Cultura, fai crecer o programa e pon en marcha a segunda tempada de “Historias cavadas”, esta vez en cinco novos castros da provincia neste mes de setembro e da man do teatro e da escenificación coa compañía Troula Animación.
OS CASTROS DESTA EDICIÓN: DATAS E HORARIOS
![Castro de Castrolandín](/documents/37861/2342544/castro_landin.jpg/e39f64f8-6c41-4186-18f7-17fac4f0f1a9?t=1662033841619)
Castro de Castrolandín, Cuntis (comarca de Caldas)
Visitas: 9 (2 prazas) e 23 de setembro ás 18:00 horas (prazas esgotadas)
![Castro do monte do Facho](/documents/37861/2342544/facho.jpg/24c22aca-f45f-edf3-1175-3c52c491bc40?t=1662033862565)
Castro do monte do Facho, Cangas (comarca do Morrazo)
Visitas: 10 (prazas esgotadas) e 17 de setembro ás 19:00 horas (prazas esgotadas)
![Castro dos Cubos](/documents/37861/2342544/cubos.jpg/29f0c0ea-650d-bd9b-543b-0e2271d5a010?t=1662033852137)
Castro dos Cubos, Tui (comarca do Baixo Miño)
Integrado no Parque Natural Monte Aloia
Visitas: 16 de setembro ás 18:00 horas e 17 de setembro ás 12:00 horas (prazas esgotadas)
![Castro de Troña](/documents/37861/2342544/trona.jpg/d6c1c175-1865-5b4e-e315-000b1da82307?t=1662032739086)
Castro de Troña, Ponteareas (comarca do Condado)
Visitas: 25 de setembro ás 12:00 horas (prazas esgotadas) e 29 de setembro ás 17:00 horas
![Castro da Lanzada](/documents/37861/2342544/lanzada.jpg/acae1b74-fa2f-4c48-1961-8043cec8f48e?t=1662033871015)
Castro da Lanzada, Sanxenxo (comarca do Salnés)
Visitas: 11 de setembro ás 12:00 horas (prazas esgotadas) e ás 17:00 horas (prazas esgotadas)
INSCRICIÓN
- Prazas limitas: 30 por visita
- Necesaria reserva en historiascavadas2022@gmail.com
- Indicarase o nome do castro e a data da visita, o nome completo das persoas participantes (4 prazas como máximo por reserva) e un teléfono de contacto
- A reserva de praza só será efectiva unha vez confirmada a inscrición pola compañía de teatro
- As visitas serán accesibles e inclusivas, contando con intérprete de lingua de signos baixo demanda