Proxecto expositivo

A “chambra”. O cuarto do lado

Joan Morera Arbones

Apertura e presentación do proxecto: xoves 14 de marzo, ás 19 h. Á charla de presentación do proxecto correrá a cargo do propio Joan Morera e da artista multidisciplinaría Carme Nogueira.

Do 14 de marzo ao 24 de maio

Sala Maruja Mallo. Sede da Deputación en Vigo

Horario de visita: de luns a venres, de 9 a 20 h

https://joanmorera.es


A “chambra”O cuarto do lado é unha instalación audiovisual específica composta de seis entrevistas inéditas gravadas entre Francia, Galicia e Euskadi, realizadas dentro do proxecto “Conchita et nous”, o cal se aproxima á historia das mulleres emigrantes españolas en Francia, fundamentalmente en París, durante os anos sesenta e setenta. “Chambra” é unha castelanización da palabra francesa chambre, que significa ‘cuarto’, habitualmente usada na xerga pola comunidade española en Francia. A curiosidade, ás veces inxenua, sobre as chamadas “Conchitas” (empregadas do fogar) ou bonne à tout faire, é o núcleo deste traballo que se levou a cabo grazas a residencias artísticas en París e Bilbao e no que se indaga sobre o papel das mulleres na emigración e a súa representación para cuestionar, sen darse conta, a propia construción da memoria e da historia.

Este amplo proxecto de investigación materialízase a través de diversos formatos, coma fotografía, serigrafía, escultura, ademais de gravacións audiovisuais. As testemuñas que aparecen en A “chambra”. O cuarto do lado dan conta do carácter poliédrico da representación e da nosa relación con ela a través do rol do propio “artista”, que actúa como unha sorte de documentalista etnográfico profundamente naíf.

Proxecto premiado na I Convocatoria #CultivaCultura

Coordinación: Vicepresidencia Primeira e Servizo de Cultura da Deputación de Pontevedra

Deseño: Servizo de Comunicación Institucional da Deputación de Pontevedra

Revisión lingüística: Servizo de Normalización Lingüística e Servizos Lingüísticos da Deputación de Pontevedra

PROXECTO DE