Fundación Las Samaritanas
- A Guarda
- 986 611 771
- anavilcol@hotmail.com
A Fundación Las Samaritanas é un recurso social que leva dezaseis anos funcionando. Consta dunha casa de acollida destinada a mulleres en situación de exclusión social. Conta con servizos básicos coma comida, cama e hixiene e, ademais, aborda novas aprendizaxes, coñecementos, capacidades e valores que axudan a que estas mulleres se coñezan mellor a si mesmas e a contorna que as rodea para que, deste xeito, gañen autoestima e autonomía para afrontar a realidade e acadar a inserción social.
Obxectivos
O seu obxectivo principal é acoller e favorecer de forma integral mulleres que se atopan en situación de desamparo.
Outros obxectivos
- Mellorar a calidade de vida das usuarias
- Conseguir que adquiran unha maior autonomía persoal
- Mellorar a súa evolución en canto a saúde e relacións interpersoais
- Lograr a súa integración social e laboral
Persoas beneficiarias
- Ser muller en situación de desamparo, marxinalidade ou semiabandono
- Ter desatendidas as súas necesidades básicas de afecto, alimentación, hixiene, saúde, educación ou seguridade
- Pertencer a familias desestruturadas
- Formar parte dun medio sociocultural e económico desfavorable
- Ter algún problema social
- Carecer de habilidades laborais e de inserción social
As beneficiarias deste servizo son mulleres derivadas de centros de saúde, hospitais, servizos sociais comunitarios, familias ou de calquera persoa que vexa a necesidade.
Datos de contacto
Rúa da Capela 14, 36780 A Guarda