Asociación Érguete Baixo Miño de Prevención de Condutas Aditivas, Educación e Promoción da Saúde
- A Guarda
- 986 614 407 e 640 086 376
- info@erguete.org
Obxecto da entidade
- Conseguir maiores recursos e máis axeitados para a prevención, asistencia e incorporación social (acceso ao mercado laboral) das persoas que sofren ou sufriron algunha adición e dos colectivos en desvantaxe social
- Fomentar unha vida máis saudable: minimizar os factores de risco e maximizar os de protección
- Informar, asesorar, apoiar e facilitar todos os medios necesarios para afrontar a problemática das condutas aditivas e atender a toda a poboación, especialmente a mocidade afectada directa ou indirectamente polas substancias aditivas
- Xerar medidas de carácter educativo, sanitario, cultural e social seguindo criterios de igualdade, dignidade e identidade para toda a poboación e, especificamente, para os colectivos con problemáticas adversas: infancia e mocidade, persoas que sofren ou sufriron algunha adición, afectadas polo VIH/SIDA, discapacitadas, mulleres, familias, inmigrantes, transeúntes, persoas que son ou foron reclusos, con enfermidades crónicas ou maiores e soas
- Formar de xeito continuo nas temáticas relacionadas coa saúde, en particular coas condutas aditivas, a todas as persoas membros da Asociación e realizar actividades formativas e con fins pedagóxicos para a comunidade en xeral e para as e os axentes socializadores: profesorado, mulleres, mocidade e sector empresarial
- Poñer en marcha medidas legais de presión e defender os dereitos das persoas que sofren algunha adicción ou colectivos en desvantaxe social
Servicios e programas que desenvolve
- Programas de prevención no ámbito escolar, familiar, laboral e comunitario para reducir danos, incidindo na infancia e na xuventude
- Programas de incorporación social: cursos formativos, atención social ou obradoiros prelaborais
- Programas para reducir o dano: punto de intercambio de xiringas (PIX), punto para facilitar profilácticos (PFP) ou para distribuír alimentos
- Actividades formativas e de lecer para colectivos específicos: mocidade, menores e mulleres
- Campañas informativas e de sensibilización sobre temas relacionados coa promoción da saúde a nivel comunitario
- Programa de información e asesoramento individualizado sobre a saúde global
Datos de contacto
- RUEPSS: E-0169
- Enderezo
- Rúa Colón, 20 (Edificio O Pescador), 1.º andar, 36780 A Guarda
- Horario de atención
- De luns a venres: de 9 a 14 h