#BENESTAR SOCIAL

“+Benestar”

Programa de balnearios, talasos, spa ou outras instalacións de características similares con pernoctación

A Deputación de Pontevedra, a través do Servizo de Benestar Social, pon en marcha o programa “+Benestar” 2024, unha iniciativa que ten por finalidade fomentar o envellecemento activo en establecementos hostaleiros das Rías Baixas (balnearios, talasos ou spas) e o mesmo tempo, pretende ser un programa dinamizador da economía da provincia que impulse a creación e o mantemento de postos de traballo no sector turístico durante os períodos de menor actividade.


Consiste nunha estancia de seis días e cinco noites (entrada os domingos pola tarde e saída os venres despois de xantar) nun hotel con balneario, talaso, spa ou outras instalacións de características similares da provincia, en réxime de pensión completa e con actividades de animación sociocultural.

O programa contará con 2.127 prazas. Poderán beneficiarse del as persoas que reúnan os seguintes requisitos:

  • Estar empadroadas na provincia de Pontevedra
  • Ter 55 anos ou máis
  • No suposto de ter menos de 55 anos, deberá darse algunha das seguintes circunstancias:
    • Ter recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %, o que se acreditará coa tarxeta ou co certificado de recoñecemento do grao de discapacidade.
    • Posuír a condición de pensionista polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións.
    • Ter acreditado, polos servizos sociais comunitarios básicos do seu Concello, un respiro familiar.
  • Non sufrir ningunha enfermidade ou patoloxía incompatible coa actividade do programa.
  • Non padecer alteracións de comportamento que poidan perturbar a normal convivencia nos establecementos nin enfermidades con risco de contaxio.
  • Poder realizar as actividades elementais da vida diaria de forma autónoma.

Os prezos dos establecementos ofertados, unha vez descontada a subvención da Deputación, detállanse no anexo II.

O prazo de presentación de solicitudes será do 16 de agosto ao 5 de setembro de 2024.