#COHESIÓNSOCIAL
Cursos gratuítos de Español
Para a Preparación do DELE A2
Os cursos teñen por obxectivo a preparación preeminentemente práctica das probas (orais, escritas e de comprensión) do exame para obter a certificación do nivel A2 de español do Instituto Cervantes (DELE A2) empregando supostos prácticos e simulacros de exame, e desenvolvendo destrezas e estratexias para rendibilizar os coñecementos e adaptalos á duración da proba.
Destinado a persoas inmigrantes que reúnan os seguintes requisitos:
- Atoparse en situación regular en España
- Ser maiores de 16 anos
- Estar empadroadas nun concello da provincia de Pontevedra
- Saber ler e escribir
- Ter coñecementos básicos da lingua española (o nivel do curso será o A2 do MCER)
- Non contar cunha dispensa do Ministerio de Xustiza para realizar a proba do DELE A2
Ofértanse tres edicións de ata sesenta prazas, cun máximo de vinte alumnas e alumnos por curso.
- Primeira edición: Vigo
- Datas: do 20 de maio ao 5 de xuño de 2024
- Lugar: o que determine a Deputación
- Número de horas: 40
- Días: de luns a venres
- Horario: pendente de determinar; poderá ser pola mañá, de 10 a 13 horas, ou pola tarde, de 16 a 19 horas
- Segunda edición: Pontevedra
- Datas: do 20 de maio ao 5 de xuño de 2024
- Lugar: o que determine a Deputación
- Número de horas: 40
- Días: de luns a venres
- Horario: pendente de determinar; poderá ser pola mañá, de 10 a 13 horas, ou pola tarde, de 16 a 19 horas
- Terceira edición: Vilagarcía de Arousa
- Datas: do 10 ao 26 de xuño de 2024
- Lugar: o que determine a Deputación
- Número de horas: 40
- Días: de luns a venres
- Horario: pendente de determinar; poderá ser pola mañá, de 10 a 13 horas, ou pola tarde, de 16 a 19 horas
Ligazóns de interese
Documentos
-
Convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e a Universidade de Vigo para a realización de cursos de español para a preparación do DELE do nivel A2
-
RP aprobando a creación da lista provisional de persoas admitidas e excluídas (29/04/2024)
-
Lista provisional de persoas admitidas e excluídas (29/04/2024)
-
Resultado das probas de nivel (03/05/2024)
-
RP aprobando a creación da lista provisional de persoas admitidas e excluídas (16/05/2024)
-
Relación definitiva de persoas admitidas e excluídas nos cursos de español para a preparación do DELE A2 (08/07/2024)
-
Relación de persoas admitidas e quendas (16/05/2024)