![](/documents/37861/71429/maria_vinyals.jpg/07d51829-20bf-6a8a-1a9e-db43063da83f?t=1629104792322)
#IGUALDADE
Mesa de debate “Conciliación na produción audiovisual, o reto silenciado pendente”
Escola de Igualdade María Vinyals
Salón de plenos do Pazo provincial, Pontevedra
Martes 28 de febreiro de 2023, de 19 a 20 horas
Esta actividade é de balde ata completar a capacidade. É necesaria a inscrición previa
- Paula Cons, produtora, directora e nai
- Gael Herrera, produtora executiva e nai
- Adriana P. Villanueva, produtora, directora e nai
- Jaione Camborda, produtora, directora e nai
Modera: Uxía Caride, xerente da Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi)
A Deputación de Pontevedra, desde a Escola de Igualade María Vinyals en colaboración con Agapi, organiza unha mesa de debate, que terá lugar o vindeiro martes 28 de febreiro, dedicada a analizar aspectos relacionados coa conciliación na produción audiovisual da man de voces tan destacadas coma Paula Cons, Jaione Camborda, Gael Herrera ou Adriana P. Villanueva.
Baixo o título “Conciliación na produción audiovisual, o reto silenciado pendente” abordaranse cuestións coma as dificultades á hora de conciliar a vida laboral e familiar, os retos aos que se enfrontan as mulleres embarazadas á hora de organizar a súa substitución no traballo, o papel da muller no sector audiovisual unha vez que é nai, a multitarefa ou a necesidade de ter que elixir entre os coidados ou asumir unha carga extra de traballo poucas veces recoñecida.
O programa está composto por unha mesa de debate na que catro mulleres cineastas, produtoras, directoras e nais, contarán as súas experiencias como profesionais nun debate moderado por Uxía Caride.
RELATORAS
![Paula Cons](/documents/37861/3515482/Paula_Cons_2023_02_07.jpg/5c9872ca-62ca-7b62-c65f-7062c3852796?t=1675847886612)
Paula Cons
![Gael Herrera](/documents/37861/3515482/Gael_Herrera_2023_02_07_2.jpg/e2a8a88c-3ee8-cbfa-5578-04b359f93bc7?t=1675847886046)
Gael Herrera
![Adriana P. Villanueva](/documents/37861/3515482/Adriana_P_Villanueva_2023_02_07.jpg/1521e674-3247-4eed-4bd0-af6144e0cdca?t=1675847885326)
Adriana P. Villanueva
![Jaione Camborda](/documents/37861/3515482/Jaione_Camborda_2023_02_07.jpg/24693fa1-9b9e-338c-7c00-44eed2121c1c?t=1675847886334)
Jaione Camborda
![Uxía Caride](/documents/37861/3515482/Uxia_Caride_2023_02_07.jpg/fcaa6046-b506-9792-e6b5-60ee36f002fc?t=1675847886923)
Uxía Caride