#IGUALDADE

As Formas do Amor

Ateneo pola igualdade

Venres 22 de novembro, ás 20:30 h, no auditorio municipal Reveriano Soutullo de Ponteareas

Domingo 1 de decembro, ás 18 h, no edificio multiusos da Xunqueira de Redondela


Sinopse:

Ela e el foron parella.
Foron deses amores inesquecibles que marcan un antes e un despois na vida, porque todo o poñen patas para arriba, revísano, sacódeno, desmóntano e vólveno armar.

Logo de tanto tempo separados, talvez hoxe sexa o día xusto para volver atoparse por primeira vez.

Unha historia para saír do teatro con moi boa sensación no corpo, con gusto, alegría e esperanza. Unha historia para falar e reflexionar sobre iso que chamamos “amor”.

Equipo artístico:

  • Texto orixinal: María Ángeles Iglesias
  • Dirección: Gena Baamonde
  • En escena: Sergio Zearreta e María Ángeles Iglesias
  • Iluminación e espazo escénico: Octavio Mas
  • Espazo sonoro e música orixinal: Tato López
  • Servizo técnico: RTA
  • Construción escenografía: persoal Centro Dramático Galego
As Formas do Amor
As Formas do Amor