SOFÍA NOVOA ORTIZ

SOFÍA NOVOA ORTIZ

Pianista, pedagoga e exiliada republicana

De familia republicana e socialista, a viguesa Sofía Novoa Ortiz foi unha brillante pianista e pedagoga que conviviu coa xeración do 27 e que chegou a colaborar con Alberti. A guerra obrigouna a exiliarse nos Estados Unidos, onde alcanzou o éxito que lle foi negado na súa terra. Após dar clase de español na Universidade de Columbia, asentouse definitivamente no prestixioso Vassar College, onde tivo como alumna a Jacqueline Kennedy e onde defendeu o valor transversal da música nas súas aulas de Literatura e Cultura Española. Na súa honra, a Deputación de Pontevedra creou os Premios Sofía Novoa para fomentar a perspectiva de xénero nos traballos de fin de máster e fin de grao da Universidade de Vigo.

podcast

ROTEIRO

leyenda

FALADOIRO AQUÍ FALTAN PÁXINAS

Pianista, pedagoga e exiliada republicana

26 de decembro de 2023 as 19 h

Sede da Deputación de Pontevedra en Vigo

Relatora: Carmen Losada Gallego

VÍDEO