Aquí faltan páxinas

PLACERES CASTELLANOS

Unha galega na resistencia francesa contra os nazis

Non se entendería a historia de Placeres Castellanos sen a de Víctor Fraiz. Nin a de Víctor sen a de Placeres. Con el casou moi nova, sendo el o seu mestre. Foi perseguido e asasinado polo bando franquista nos meses posteriores á sublevación de 1936, ao igual que os seus fillos Víctor Jesús, Vicente e Moncho. Aquel golpe mudou por completo a vida da que foi a primeira muller da Agrupación Socialista de Vigo. A súa existencia converteuse, máis que nunca, nunha loita pola súa dignidade e pola da súa familia. Entregouse ao coidado de nenas e nenos e persoas feridas ata que tivo que escapar ao sur de Francia, onde permaneceu en campos de internamento e entrou en contacto coa resistencia francesa, coa que colaborou como guerrilleira de enlace. Finalizada a guerra, o seu activismo feminista levouna a representar a Marsella, onde traballaba como xornalista, no Congreso Internacional de Mulleres que tivo lugar en París en novembro de 1945. Alí coincidiu con Dolores Ibárruri, a Pasionaria. En 1948 reuniuse en París co seu fillo pequeno, co que partiu á Arxentina en 1949. Cando volveu a Galicia en 1955 reencontrouse coa súa familia, alugou unha casa e dedicouse a intentar recuperar os anos perdidos ata o seu falecemento en 1971.

podcast

FALADOIRO AQUÍ FALTAN PÁXINAS

Placeres Castellanos “Unha galega na resistencia francesa contra os nazis”

Xoves 23 de maio ás 19 h

Casa da Cultura de Ponte Caldelas

Relatora: Silvia Caldas

VÍDEO