OLIMPIA VALENCIA
Comprometida coa medicina e co seu país
Olimpia Valencia foi a primeira galega en licenciarse en Medicina en 1925. A ela gustaríalle ser pneumóloga, pero estaba mal visto que unha muller tratase homes, así que tivo que especializarse en xinecoloxía. Cando estalou a Guerra Civil pasou catro días presa acusada de pertencer ao Partido Galeguista e asinar a prol do plebiscito do Estatuto de Autonomía de Galicia. Librouse do cárcere mais non do estigma. Malia iso, non deixou de ter relación co grupo galeguista, no que figuraban outros médicos, coma Darío Álvarez Blázquez, Antón Beiras García e Ramón Obella Vidal.
podcast
ROTEIRO
FALADOIRO AQUÍ FALTAN PÁXINAS
Olimpia Valencia "Comprometida coa medicina e co seu país"