Mercedes Ruibal
Os trazos dramáticos dunha pintora alegre
Naceu na parroquia pontevedresa de Xeve, nunha familia republicana de grandes inquedanzas artísticas que se viu obrigada a emigrar por mor da guerra. O seu pai era un apaixonado da música e da literatura, a súa nai, unha pintora naíf, o seu irmán José, dramaturgo, e a súa irmá Ángeles, cantante. Teté —o nome familiar de Mercedes— pasou a súa infancia e adolescencia en Xeve, ata que con vinte anos emigrou a Bos Aires para reencontrarse co seu irmán José. Alí iniciouse na pintura con Laxeiro como amigo, mentor e mestre. Realizou a súa primeira mostra individual na Sala Rose Marie, en 1956, e, pouco despois, en 1957, regresou a Galicia xa convertida en pintora.
Ler máis
podcast
FALADOIRO AQUÍ FALTAN PÁXINAS
Mercedes Ruibal. Os trazos dramáticos dunha pintora alegre