Mary Quintero
A fotógrafa cun estudio propio e cunha ollada única
Neste capítulo a propia Mary Quintero —a primeira muller viva que forma parte da colección Aquí Faltan Páxinas— narra a súa fascinante historia, a dunha nena de Melide, nada na España dos anos trinta, que tivo a sorte de criarse nunha galería de cristal, que era como se lles chamaba na época aos estudios de fotografía. O seu pai fotografaba e a súa nai coloreaba. Ela, coma quen xoga, foino aprendendo todo. Fixo a súa primeira exposición en Lugo cando tiña 15 anos e, desde ese momento, o seu pai insistiu en que asinase co seu nome e animouna a ter o seu propio estudio, primeiro en Lugo e despois en Vigo, a onde chegou nos anos cincuenta para facer sesións fotográficas nas mellores casas da cidade, irrompendo nun mundo de homes no que destacaban fotógrafos do prestixio de Pacheco, Balín ou Ángel Llanos.
Ler máis
podcast
FALADOIRO AQUÍ FALTAN PÁXINAS
Mary Quintero “A fotógrafa cun estudio propio e cunha ollada única”