MARÍA VINYALS

MARÍA VINYALS

Unha aristócrata sufraxista e progresista

María Vinyals está considerada coma unha das pioneiras do feminismo en Galicia xunto a Emilia Pardo Bazán, da que foi amiga. Naceu e viviu no castelo de Soutomaior a finais do século XIX e protagonizou unha vida apaixonante defendendo ideas socialistas desde a aristocracia. Escritora, articulista, artista, conferenciante e sufraxista, foi unha das primeiras mulleres en formar parte da Real Academia Galega. Recibiu o alcume da Marquesa Roja polo seu activismo social e, sobre todo, pola defensa dos dereitos das mulleres. En 2016 a Deputación de Pontevedra creou a Escola de Igualdade María Vinyals en recoñecemento ao seu legado.

podcast

ROTEIRO

leyenda

FALADOIRO AQUÍ FALTAN PÁXINAS

María Vinyals. Unha aristócrata sufraxista e progresista

Mércores 26 de xullo ás 19 h

Castelo de Soutomaior

Relatora: Isabel Blanco